(Xabier
Cordal-Bieito
Romero-LNL)
O porto de
Cariño é un
fermoso
enclave da
comarca de
Ortegal que se
abre ao sol
nacente, entre
o Cantábrico
e as
montañas.
Nesta Galicia
que cambia coa
rapidez do
mundo queremos
render
homenaxe ás
mulleres
traballadoras,
ás da
fábrica de
conservas, ás
redeiras, as
que sostiñan
o horto
pequeno e o
lavadoiro
comunal. Certo
día baixaron
á costa de
Centeás e
colleron o
autobús para
a cidade.
Levaron
consigo a
memoria da
estirpe. A nai
do poeta
Xabier Cordal,
que torna
sempre a
Cariño a
través do seu
recordo, era
unha delas.
Letra
Ven, miña
mai, ao cabo
Ortegal,
baila na festa
da ermida do
Trebo.
Se vés comigo
heite levar
na proa do
mundo perder o
medo.
Volve a
Centeás,
escribe este
orballo.
Volve a
Centeás,
escribe este
orballo.
Se vés comigo
heite levar
patria vella,
norte
mariñeiro.
Lava a ferida,
cóntame o
mar,
fala que
dorme, nós
espertaremos.
Volve a
Centeás,
escribe este
orballo
Volve a
Centeás,
escribe este
orballo.
Lava a ferida,
cóntame o
mar,
roupa ao
clareo espiras
na fonte.
Nada unha nena
na luz do
Peiral,
lévame a vida
arribar da
túa morte.
Volve a
Centeás,
escribe este
orballo.
Volve a
Centeás,
escribe este
orballo.